castelan galego

Persoeiros
José Antonio Trapero Pardo
   


  José Antonio Trapero Pardo  

Nado no pobo da Igrexa, feligresía de San Xoán de Riberas de Lea o 28 de setembro de 1900. Faleceu na residencia da terceira idade de San Roque de Lugo o día 10 de outubro de 1995.

En Castro estudou as primeiras letras, pero o groso da súa formación realizouna no seminario de Santa Catalina de Mondoñedo, onde estudou o bachalerato elemental e despois o superior, para continuar coa carreira eclesiástica, ordeuse de menores e concluíu tódolos estudos sacerdotais ademais de permanecer no seminario un ano máis estudando arqueoloxía.

A súa traxectoria literaria estivo estreitamente vinculada ca cidade del Masma, pois alí iniciase culturalmente e alí tivo as súas mellores amizades, Álvaro Cunqueiro, Antonio Noriega Varela, Francisco Fanego Losada, Francisco Fernández del Riego, Xosé Díaz Jácome, entre moitos outros.

Nesta cidade episcopal e catedralicia de Mondoñedo adícase de cheo as tarefas periodísticas e literarias.Foi redactor xefe da revista Acción Social, que era un periódico de enorme influencia entre as sociedades agrarias e católicas da época, moi numerosas nas décadas dos anos 20 e 30.Nesta cidade (Mondoñedo), dito semanario xogou un papel transcendental cara a concienciación dos sindicatos agrarios, destacando como principal fundador da publicación o avogado e rexistrador da propiedade Antonio Maseda Bouso, compañeiro na dirección do periódico de Xosé Antonio Trapero Pardo.

Foi director dos seminarios Xustiza e Renovación, fundador e director do seminario Villibría, que acolleu os primeiros traballos de figuras despois tan destacadas como Francisco Fernández del Riego, Xosé Díaz Jácome ou Álvaro Cunqueiro.

A súa vinculación as organizacións católicas do seu tempo foi un factor determinante para a súa chegada a Lugo, reclamado polo diario La Voz de la Verdad, no que foi redactor xefe e director ata o seu pase a El Progreso no 1938, onde permaneceu ata a súa xubilación.Chegou a este periódico en calidade de redactor.

Cabe destacar que foi Trapero Pardo quen fixo revivir nas páxinas do mesmo a partir do 1939 o famoso Pelúdez, personaxe popular das festa patronais do San Froilán, ademais da súa esposa Filomena, a seu fillo Peludiciño e ultimamente a noiva deste Vanesa.

Foi no progreso onde Trapero iría recorrendo profesionalmente case tódalas escalas, redactor xefe, subdirector e director.

Ademais das publicacións pertenceu dende a súa fundación a comisión provincial de monumentos históricos e artísticos de Lugo, así como do Patronato do Museo Provincial de Lugo.

Colaborou coa emisora Radio Lugo dende a súa fundación con temas varios, mantendo durante máis de 30 anos unha colaboración diaria.

Dirixiu por certo tempo o semanario viveirense El Heraldo de Viveiro, fíxose cargo da mesma e foi director e redactor da revista LVCVS.

Deixa publicados infinidades de artigos como crítico de arte, e de ditos populares, costumes e relatos da súa terra natal, recollidos estes case exclusivamente en El Progreso.

Deixa escrito, ademais de infinidade de artigos, varias obras e folletos das que destacaremos os seguintes títulos:

  • “ O Mariscal Don Pedro Pardo de Cela.Lenda acerca da súa prisión e morte”.

  • “Lostrejos e Moxenas”,obra de versos.

  • “A vinganza de Salgado”, novela.

  • ”Roxin Roxal”, lenda editada no 1926.

  • ”A ponte do porco”, lenda tráxica.

  • ”Non chores Sabeliña”, considerada coma peza teatral e de zarzuela que se puxo en escea tra-la guerra civil do 1936, ambientada en personaxes da chaira luguesa.

  • ”Santuario de los Remedios”, editado na Voz de la Verdad en 1946, esta obra é un alarde de investigación onde o autor a través dunha sinxela linguaxe vainos paso a paso describindo a historia do edificio, seus retablos, imaxes, xoias e demais obras de arte que encerra dito santuario, no 1991 a deputación provincial reeditou en edición facsimil este título.

  • ?”Pintura mural de Galicia”, na serie cadernos de arte galego, editado nos talleres gráficos Faro de Vigo, nesta obra o autor demóstranos os seus profundos coñecementos artísticos que publicaba no Progreso.

  • ”Lugo e poboacións próximas”.Itinerarios turísticos, obra que o autor paso a paso vainos descubrindo os principais monumentos de Lugo cidade e cercanías.