| |
|
|
|
|||||||
|
Este ilustrado investigador nado en A Coruña o día 25 de Abril de 1743, cursou estudos de humanística en Santiago para despois comezar coa carreira de leis, a cal abandonou pese as presións exercidas sobre el polo seu propio pai, pis este era presidente do colexio de avogados de A Coruña. Con 21 anos foi nomeado membrohonorario da Real Academia de da Historia. Dende 1762 a 1765 sostivo estreita colaboración con Padre Flórez, o que remitiu interesantes datos sobre inscricións ademais dun deseño sobre a torre de Hércules e os mapas dos bispados de Ourense e Mondoñedo, cuio material utilizou Enrique Flórez na súa obra España Sagrada. En 1762 saíu da imprenta un voluminoso traballo da súa auditoría sobre a fundación e fábrica do faro romano de A Coruña. Foi nomeado rexedor bienal de A Coruña.Desempeñou o cargo dunha compañía de milicia urbana da mesma cidade e contribuíu a fundación da academia de agricultura de Galicia da que foi elixido secretario. Viaxou a Portugal en 1775 para poder completar algunha das súas teorías. Por designación real ocupou un dos cargos directivos do entón montepío de pescadores de Galicia. En 1784 colaborou coa creación da sociedade económica de Santiago e en 1785 figura como socio fundador da de Lugo, sendo o mesmo tempo consiliario do consulado de A Coruña. En 1789 fixa definitivamente a súa residencia na Vila e Corte de Madrid, publicando en 1780 “Ensaio dunha historia dos peixes e outras producións mariñas da costa de Galicia. Foi nomeado membro numerario da Real Academia da Historia en 1973, ocupando con anterioridade (1772) diversos cargos na mesma institución da que era numerario dende 1764. Dende o día 19 de Febreiro de 1802 ata o 22 de Febreiro de 1803, data na que faleceu, ocupou o cargo de secretario perpetuo da Academia de Historia. |
|
||||||||