| |
|
|
|
|||||||
|
Nado en Ramil, foi sacerdote e famoso reloxeiro, que naceu a mediados do século XVIII, mostrando dende moi pequeno unha gran afección polos traballos de ferraxerías artísticas, hobby que soubo compaxinar cos estudios de humanística. Tiña nos seus talleres sendos fornos de fundición, os cales foron desmontados en 1860, e unha verdadeira fábrica de reloxos tendo taller de axustes e montaxes. Entre os moitos reloxos que dos seus talleres saíron destacaba o do mosteiro de Sobrado, que figuraba nun dos inventarios daquel cenobio. Pero fixo pezas incluso para a casa real. Do mesmo autor é outro ejemplar propiedade da familia Ramos Fernández da casa das Carreiras no Barco de Valedoras, rescatado para o museo provincial de Lugo no 1963 polo entón director Manuel Vázquez Seijas, un precioso exemplar que consiste nun reloxo con esfera en placa de bronce cas beiras ciceladas e decoración galega do século XVIII. |
|
||||||||