castelan galego

Persoeiros
Manuel Becerra Bermúdez
   


  Manuel Becerra Bermúdez  

Home de ideas revolucionarias polas cales estivo preso en numerosas ocasións. Foi ministro de Fomento no último goberno de Amadeo de Saboya. Entre as súas obras escritas está a titulada “Imperio Ibérico”.

A Manuel Becerra considéraselle o pai da ximnasia oficial, pois foi o verdadeiro iniciador da educación física onde chegou a distinguirse polo seu vigor, e moi especialmente pola súa notable flexibilidade e soltura nos exercicios.

Sobre o deporte escribiu a obra titulada “ Tratado racional da ximnástica e dos exercicios e xogos corporais” editado en Madrid no ano 1893.

Foi presidente da Sociedade Ximnástica española e promotor da Escola Central de tal actividade.