castelan galego

Persoeiros
José Manuel López Andión
   


  José Manuel López Andión  

Nado en Coea, Castro de Rei, o 16 de xullo do 1954. Cursou estudos de xeografía e historia de Santiago de Compostela, onde obtivo no 1978 o grado de licenciado en xeografía co traballo “Estrutura e morfoloxía agraria na Terra Cha”, a súa tese foi publicada pola universidade no 1980. Ademais desta obra e coautor de “Galicia Eterna”, colaborou na obra “Xeografía de Galicia; Estudo do medio natural dos montes galegos. O Courel”.

É autor de numerosas colaboracións, entre elas a gran Enciclopedia Galega e obras patrocinadas polo instituto universitario de estudos e desenrolo de Galicia. Participa en comunicacións e congresos da súa especialidade.