| |
|
|
|
|||||||
|
Nado o día 3 de Xuño de 1896 na casa paterna do barrio da ponte, parroquia de Santa María de Outeiro. Realizou os pertinentes estudos eclesiásticos para futuro sacerdote en seminarios de Mondoñedo e Lugo. En onde coñeceu a Aquilino Iglesias Alvariño, o cal era paisano seu e co cal uniuno unha gran amizade , ambos dalgunha forma pertenceron a chamada escola poética do seminario de Mondoñedo. Foi ordeado presbítero ocupando posteriormente os cargos de co adxuntador en Santa Rita de Xubia e párroco de Narón, en A Coruña. No conforme co desempeño do ministerio continuou os estudos de filosofía e letras nas universidades de Santiago e posteriormente na de Salamanca, sendo nesta última onde concluíu dita formación obtendo a licenciatura no 1935. No ano 1936 gañou a oposición a cátedra de latín do instituto de Antequera (Málaga), desempeñando posteriormente a mesma especialidade en Segovia, onde foi director do instituto de ensinanza media. Falecendo no 1948 e sendo os seus restos mortais traídos a súa terra natal de Castro de Rei, onde repousan na igrexa de santa María de Outeiro. No campo da poesía e literatura foi un home de pouca obra pero de suficiente calidade para quedar ben patente a súa cultura e a súa valía en dito terreo. Autor dun libro escrito en galego titulado Codeseira, o cal escribiu cando se atopaba en Santiago. Trátase dun conxunto de poemas de temática campesiña na liña tradicional da poesía galega do século XIX. Crecente Vega pódese considerar en certa medida como un discípulo literario do celebre mindoniense Noriega Varela, compañeiro e contemporáneo do ilustre escritor desta zoa D. Xosé Antonio Trapero Pardo. Algúns poemas de Crecente son un verdadeiro canto a natureza co rodeaba, facendo observación das cousas máis pequenas e humildes, apegando a súa obra o terruño preséntanos cantigas de inspiración popular tratadas coa mesura e elegancia de ser un bo coñecedor da cultura humanística, como tamén o era da lingua e a literatura. Publicou unha edición de Tibulo, “Tibulo, Albio.Selección de elexías”, editado en Madrid polo consello de investigacións científicas no 1946 ilustrada con eruditas notas. O falecer quedaron pendentes de ser editadas unha selección de poesías escritas en galego e castelán. |
|
||||||||