| |
|
|
|
|||||||
|
O que posteriormente sería chamado Apóstolo de Galicia , nado o día 7 de Setembro do 1836 na señorial casa de Lexos, lugar de Caparís feligresía de San Xiao de Mos. Pasou os primeiros anos da súa infancia na casa que o viu nacer e onde xa comezou a sentir vocación sacerdotal, aínda non había cumprido dez anos e seus pais decidiron que fosen seus tíos sacerdotes quenes o instruíran para o ingreso no Instituto de Ensinanza Media, que estaba por aquel entón ubicado no actual Colexio dos Escolapios ( Monforte ). O concluír ditas ensinanzas regresa a Lugo para ingresar no Seminario de San Lorenzo. Ingresou na Academia de Clásicos, tras superar o correspondente exame, ocupando na mesma o pouco tempo o cargo de secretario. Con só vinte anos era profesor de segundo curso de Humanidades. Foi ordeado sacerdote o día 24 de Setembro do 1859. Recen cumpridos os 24 anos de idade é un dos sacerdotes con mellor formación da provincia diocesana de Santiago perfilándose como canónico. A súa etapa comomisioneiro É eiquí onde se deixan ver as súas grandes dotes de predicador elocuente, et oca facerllo nun período político difícil. No 1861 recibe de mans do bispo o título de Misioneiro apostólico, credencial concedida por S.S. Pío IX, comezando así dunha forma oficial a súa primeira misión na feligresía de santa cruz de Brosnos (Sober),e a segunda en Silleda (Lalín).Chegou a predicar nunhas 150 misións, recorreu toda Galicia e incluso leva o seu labor apostólico as feligresías de León, Zamora e Astorga. Como fecundo publicista que foi deu a luz as seguintes obras :
Traduxo do moralista italiano Frasinetti os seguintes títulos:
A súa morte deixou sen publicar “ O libro do seminarista”, libro que reflexa o seu retrato sacerdotal, escribiuno moi pouco despois de ser ordenado. Nel verte a súa concepción ascético-mística do que debe ser e facer un seminarista para prepararse dignamente, científica e espiritualmente para o sacerdocio. Deste apóstolo de Galicia pervive amplamente o seu recordo, non soamente impreso no boletín do bispado, pois sobre el e as súas obras existe unha abundante bibliografía. A corporación municipal de Lugo no 1925deulle o nome a unha rúa. |
|
||||||||