| |
|
|
|
|||||||
|
Este laureado mariño e aviador nado en Barcelona no 1916 con vínculos familiares e posesións en Coea, Castro de Rei. Con tan so dezasete anos xa se definira politicamente como “ conservador daqueles valores promulgados por Xosé Antón Primo de Rivera”, formación que matizou despois dunha larga viaxe pola maior parte dos países europeos. Xa de novo na súa cidade natal onde estudaba leis na universidade e el gustaba de falar cos seus compañeiros falar de política, facendo verdadeiros correlos de seguidores, adversarios e curiosos. A sobresaltada situación política española preocupáballe e aínda tiña tempo para ampliar a súa profunda formación moral e espiritual, ademais da práctica habitual de certos deportes, entre eles o xockey, do que non saíu ben parado. A vida de futuro mariño transcorre mais ou menos feliz, aínda que superando a normal tristeza que supón perder a nai e mais tarde a súa irmá.repartía a súas vacacións entre Coea e A Coruña, sendo na cidade herculina onde recibe a triste noticia do falecemento do seu irmán Xosé, Xesuíta, con 22 anos. Carlos María defende a peito e espada a fe católica, forma parte da adoración nocturna, participa na formación espiritual de catequistas e identifícase politicamente cos ideais conservadores. Chegado a Guerra Civil decide alistarse como voluntario na falanxe galega. Tendo certos problemas de admisión, sendo rexeitado, para logo prestar servizo de armas en A Coruña. Por certa recomendación embarca como voluntario en cruceiro a Canarias, no cal entra en combate no estreito de Xibraltar.En Setembro Carlos María é xa xefe do canón San Miguel e o seu mando ten catorce homes. Tras numerosos combates decide converterse en piloto, é así como en novembro do 1939 perde a vida tras un accidente nas beiras do río Ebro. Era aquel o quinto accidente aéreo da súa vida, o mais sinxelo e aparentemente menos perigoso, pero que rematou ca vida daquel valente mariño e aviador. O mariño que algunha vez escribira “ é que un anxo na terra non pode vivir”. |
|
||||||||