| |
|
|
|
|||||||
|
Nado no 1944 na casa de seus pais, feligresía de San Martín de Goberno. Realizou os seus primeiros estudos na súa terra natal para logo continuar cos eclesiásticos no seminario de Mondoñedo, sendo ordenado sacerdote no 1966. Exercendo como formador do alumnado do mesmo seminario ata 1973, sendo dende aquela data cura en Castro de Rei e varias parroquias da comarca chairega. Forma parte como membro de equipo da delegación de catequese da súa diocese e de Galicia. E autor teatral das obras “O meciñeiro a forza”, “Bo Nadal”, “Recobrou o sorriso o Eleuterio”, “Auto de Nadal”, “Dous vellos e unha soa soidade”, “Teatro pro Nadal”, ademais dun libro de relatos curtos “Parábolas chairegas”, ou a súa interesante novela “Don Otto de viaxe pola chaira”, editado por Citania de publicacións no 1994. Dirixiu ou dirixe grupos teatrais, entre eles “Os Valouros” de Castro de Rei, “A Roga” de Bazar e “Os Zoelas” de Castro Ribeiras de Lea, ademais de grupos de alumnas do colexio de Castro de Rei do que é profesor de relixión. Colaborou durante uns dez anos en programas de radio popular de Lugo, radio nacional de España en A Coruña e radio galega en Santiago. Outras colaboracións radiofónicas son en radio principal de Vilalba e Monforte. Tamén foi asiduo colaborador da revista “Irimia”, diario “O Progreso” de Lugo, na sección “Con retranca ou sen ela”. Como ilusionista e humorista son moitas as facetas realizadas, sempre con carácter social benéfico ou cultural. Entre os premios e distincións recibidas están: Ignacio Rey-Stolle, outorgado polo Teleclube de Bazar no 1981. Meigas e Trasgos de Sarria no 1983. Manuel Mato Vizoso, distinción dada polo concello de Vilalba no 1984.Premio do concello de Vilalba no 1993.Foi nomeado “Lucenses do ano 1992”. |
|
||||||||