| |
|
|
|
|||||||
|
Entre as xentes de Castro de Rei e incluso nos ambientes políticos de Lugo era conocido como Pepe Benito. Nado o día 5 de abril do 1866 na casa señorial de A torre de Belmonte onde pasou os primeiros da súa nenez, para logo realizar o bachiller no colexio dos Escolapios de Monforte de lemos e máis tarde en Santiago de Compostela realizou a carreira de dereito, e unha vez concluída a licenciatura da comezo o exercicio da súa profesión no xulgado de Mondoñedo para logo establecer bufete en Lugo, sendo decano do colexio de avogados de Lugo. Foi proposto dende Madrid para ocupar altos cargos de responsabilidade, entre eles o de gobernador civil de Sevilla, posto que nunca quixo aceptar. Retornando a súa etapa de estudante, nada máis concluír a carreira, foi obrigado por seu pai a exercer a súa licenciatura en Mondoñedo, logo abre un despacho nun inmoble da chamada zoa de campo Castillo, onde según parece sacou adiante preitos e outros casos con gran brillantez. Sentiu inclinación pola política liberal fundando con Gil Robles a C.E.D.A. sendo dirixente provincial. O pai de Pepe Benito D. Xosé Pardo Bahamonte y Vallador, proseguiu fiel a ditas ideas políticas sendo alcalde de Castro de Rei no ano 1859. Rexeu dalgunha forma os destinos da deputación provincial, cousa que non lle resultou difícil, o que foi para el caso unha segunda casa por no dici-la primeira, se temos en conta o número de horas que mesma soía pasar. Foi D. Xosé Benito un home dotado dunha intelixencia extraordinaria, cordial, dicharacheiro e con un gran sentido do humor, soía ser un asiduo paseante das noites lucenses, principalmente polos cantóns e praza maior, acompañado polos amigos ou en solitario no seu vehículo. Faleceu o día 12 de outubro a idade de 73 anos na súa casa señorial de Belmonte, constituíndo o seu enterro un acontecemento de gran releve tanto en Lugo cidade coma en toda a comarca de Castro de Rei, acudindo o espeliu seguidores, amigos e simpatizantes do pobo. |
|
||||||||