| |
|
|
|
|||||||
|
(Reverendo xesuíta e mais coñecido polo pseudónimo de Adro Xabier). Nado en Santiago de Compostela o 31 de xullo do 1910, faleceu en Barcelona o 11 de febreiro do 1998. Aínda que familiarmente está ligado a casa señorial de Coea, Castro de Rei, onde acude sempre que as súas obrigacións eclesiásticas e literarias llo permiten. En Compostela realizou os seus primeiros estudos, cursando bachillerato en Barcelona e Zaragoza, concluíndo o mesmo matriculouse na escola de arquitectura, pero antes de acabar o primeiro trimestre decidiu firmemente abandonar dita carreira para ingresar soamente con dezasete anos na compaña de Xesús. Viviu seis anos en Italia, onde realizaría estudos de humanidades e filosofía, de novo no noso pais tras unha estancia en Valladolid continua os seus estudos eclesiásticos en Barcelona para concluílos en Granada. Posteriormente estivo catro anos de director dunha congregación de xovenes en Gandía. Viaxando posteriormente pola India, para publicar libros e artigos. Deste pais trouxo catro libros. A súa vocación literaria sumada as circunstancias históricas pouco proclives os principios relixioso conservador levárono a adicarse cada vez mais intensamente a pluma, tendo a súa época de novelista e vendéndose con facilidade os seus vintenove títulos e incluso unha das súas novelas foi levada o cine. Gran coñecedor da historia en xeral e dentro desta a do seu pais e mais todavía a das últimas centurias, levoulle a especializarse en biografías de personaxes españois considerados claves na marcha da nación, así rematou “Aproximación a historia de España en vinte grandes biografías”, que é a súa obra emblemática. Outros triunfos como escritor son “Carlos María”, que xa sobrepasa a 20 edición despois de seis anos de prohibición, despois da primeira edición polos superiores xesuítas. Nesta biografía onde fala de seu irmán Carlos María Rey-Stolle. Outra das súas grandes obras é a súa colección “Tu y yo”, formada por dez volúmenes de carácter psicolóxico e ascético. Adro Xabier ten publicadas mais de 70 obras das que citaremos algunhas delas:
Según o catálogo xeral de autores, algunha das obras de Adro Xabier foron o momento reeditadas mais dunha vintena de veces. |
|
||||||||