|
BASES DO CONCURSO 2008 - Cada participante presentará un traballo.
- Tamaño da postal: será de medio folio, 21cm x 14cm.
- Poderán usar distintas técnicas: lápices de cores, rotuladores, ceras, acuarelas e pintura de dedos.
- O prazo para entregar os traballos será ata o día 5 de decembro.
- O lugar e data de entrega dos premios será comunicada nos centros educativos no momento da recollida dos traballos presentados. Coincidirá coa data do Festival de Nadal do Concello de Castro de Rei (aínda sen fixar).
- Haberá nove categorías: que se corresponden cos 9 cursos de Educación Infantil e Primaria.
- 4º de infantil - 5º de infantil. - 6º de infantil. - 1º de primaria. - 2º de primaria. - 3º de primaria. - 4º de primaria - 5º de primaria - 6º de primaria. De entre as que se seleccionará unha postal gañadora por categoría, que se convertirá na felicitación de Nadal dos alumnos desa categoría e das súas familias. Tódolos participantes recibirán un agasallo e os gañadores ademáis recibirán un diploma. - O xurado estará composto por membros da Corporación, traballadores do Concello de Castro de Rei e os titores/as de cada curso.
- Para calquera dúbida chamar ó 982 31 43 56.
En Castro de Rei a 7 de outubro de 2008
|