castelan galego

Espazos Naturais
Castros de Viladonga
   


  Museo Arqueolóxico do Castro de Viladonga 27259 - Castro de Rei Lugo, Galicia - España Telef. 982-314-255 Fax. 982-314-194  

Os traballos arqueolóxicos realizados desde 1971 no Castro de Viladonga puxeron á vista numerosos restos e estructuras, defensivas e de habitación, que evidencian un asentamento humano importante, sobre todo, en época tardorromana (séculos III ó V da nosa Era), e fan del un sitio clave para coñecer e entender a evolución da Cultura Castrexa na etapa galaico-romana.

A importancia arqueolóxica e o interese histórico deste Castro, a cantidade e calidade dos materiais aparecidos, así como a conveniencia de conservalos, estudialos e expoñelos didacticamente no seu propio contexto, motivaron a creación (en 1983) do Museo do Castro, no que se pode atopar a información necesaria sobre este xacemento e os seus antigos poboadores.