castelan galego

Espazos Naturais
Fontes do Miño
   


Practicamente desde o seu nacemento no Pedregal de Irimia, o río Miño discorre pola Terra Chá unhas veces formando meandros e recunchos e outras recollendo a abroiando augas subterráneas ata convertelas en pequenas lagoas ou en grandes pucharcas. Por iso, semella que o Miño ten un milleiro de fontes e mesmo cando xa está formado como río recibe nomes e alcumes como se nacera a cada paso. Este é o caso das Fontes do Miño na parroquia de Sta. María de Quintela, que son un verdadeiro parque botánico-acuático, un mesto verxel cunha grande variedade e riqueza de pequena flora herbácea, arbórea e de mato, e onde acocha unha fauna moi diversa (aves, insectos, batracios...) ligada a este ecosistema chairego.