castelan galego

Espazos Naturais
Carballo de Luxís
   


O crego, profesor e poeta Xosé Crecente Vega, natural da veciña parroquia da Ponte de Outeiro, ten unha interesante obra literaria que reflicte sobre todo o mundo labrego e a súa estreita unión coa natureza. Crecente dedicou un poema a este monumental e lanzal carballo de Luxís que empeza e remata coas respectivas estrofas que aquí se poden ler.

É un carballo abó de centos de anos
abrigo e honor da casa de Luxís.
É un dos millor feitos e máis sanos
e máis grandes que medran no país.
[...]
Segundo o respetaron vosos pais,
así quero tamén que o respetedes.
Non se lle corte cana endexamais
Nunca esmoucado foi. Non o esmouquedes