|
O crego, profesor e poeta Xosé Crecente Vega, natural da veciña parroquia da Ponte de Outeiro, ten unha interesante obra literaria que reflicte sobre todo o mundo labrego e a súa estreita unión coa natureza. Crecente dedicou un poema a este monumental e lanzal carballo de Luxís que empeza e remata coas respectivas estrofas que aquí se poden ler. É un carballo abó de centos de anos abrigo e honor da casa de Luxís. É un dos millor feitos e máis sanos e máis grandes que medran no país. [...] Segundo o respetaron vosos pais, así quero tamén que o respetedes. Non se lle corte cana endexamais Nunca esmoucado foi. Non o esmouquedes
|