castelan galego

Espazos Naturais
Pazo de Mondriz
   


Sobre unha fortaleza anterior, Don Tomás Pardo Ribadeneyra mandou edificar a fins do século XVIII o Pazo de Mondriz, un dos máis senlleiros de toda a Terra Chá. A cerca da entrada ábrese a un gran patio que ten no centro unha monumental escaleira; esta dá acceso ó corredor ou solaina superior da fachada, na parte máis noble do pazo, mentres na planta baixa dispóñense uns arcos de medio punto que acollen espacios para outros servicios. A fachada está coroada por un impresionante escudo, barroco pero enmarcado entre pilastras xa neoclásicas, que leva as armas dos Ribadeneira, os Pardo, os Montenegro e doutras linaxes. O pazo pertence hoxe á familia Perejón.

A cercana igrexa parroquial de Santiago de Mondriz obedece ó mesmo estilo barroco final segundo se advirte na coidada espadana e nos escudos colocados nos seus muros, similares ós do pazo.