castelan galego

Espazos Naturais
Monte da Escrita
   


Neste probable asentamento castrexo sitúan algúns o Monte Medulio, símbolo da última resistencia galaica fronte ós conquistadores romanos. En todo caso estamos nun dos outeiros máis significativos desta parte da Terra Chá, polo seu dominio sobre os vales do Miño e do Azúmara e pola escultura ó Sagrado Corazón que coroa o seu cumio, como bendecindo con agarimo ás xentes da Chaira.

Este monumento fíxose en 1931 a instancias da familia Rey Stolle e está acompañado dun Vía Crucis que sobe desde a igrexa parroquial de Santa Locaia, conformando así un agradable e agradecido paseo. Este lugar ten servido ademais de marco literario para o autor chairego Xosé Manuel Carballo, na súa obra ''Don Otto de viaxe pola Chaira''.