| |
|
|
|
|||||||
|
|
Debido ó substrato xeolóxico e á topografía da Terra Chá, que favorecen o discorrer lento dos ríos e o anegamento das súas beiras e doutras zonas mal drenadas, poden atoparse varias lagoas, algunhas delas só estacionais pero outras, como esta de Caque xaora permanentes. Estamos nun ecosistema particular e de grande valor ecolóxico polas súas reservas de flora e fauna (hai nela máis de cen especies protexidas). Os nenúfares, xunqueiras e espadanas lacustres xúntanse cos amieiros, salgueiros, bidueiros ou carballos, ademais dalgúns piñeirais. Ó ser unha área de invernación para aves do Norte, durante boa parte do ano (e algunhas especies xa todo el), poden verse todo tipo de patos e alavancos, cercetas, ademais da garza real, o somorgullo pequeno ou a pita de río, aves todas elas que conviven con anfibios e réptiles diversos e mesmo coa lontra. |
|
||||||||