castelan galego

Espazos Naturais
Ponte Duarría
   


Duarría (''entre dous ríos'', o Lea e o Rozas) ten unha ben gañada sona polos seus numerosos restos arqueolóxicos megalíticos (mámoas e medorras), castrexos (Castro dos Pedregás) e galaico-romanos (datos sobre achados de necrópoles e de moedas).

Por esta parroquia debía pasar unha vía romana que ía desde Lucus Augusti ata a costa, utilizada despois en época medieval e que logo, no s. XVIII, foi reconvertida no Camiño Real que, de Lugo a Mondoñedo, cruzaba de Sur a Norte o concello de Castro de Rei. A este camiño pertence a ponte de Duarría que, no seu estado actual, é probablemente de feitura medieval, aínda que está rehabilitado ó igual có seu contorno cercano