| |
|
|
|
|||||||
Lecer en Castro de Rei Castro de Rei ten lugares pracenteiros e tranquilos para o paseo como é a zona do club fluvial, que se encontra nas beiras do río Azúmara e xa nas aforas. En datas estivais un pode bañarse nas remansadas augas coas que o río nos agasalla. Ademais, un pode achegarse á parroquia de Triabá por pistas da concentración parcelaria que cruzan o lugar de Matadoso para admirar finalmente un dos últimos sitios de río coas que conta o concello, que é moi emblemático dende o punto de vista hidrolóxico chairego. O propio río Miño, nesta parroquia, diverxe en dous ramais e volver a converxer aos poucos metros. Na illa que forma este río cando diverxe existe unha zona recreativa dende a que se pode admirar a beleza do manso transcorrer das augas. É a zona recreativa de Triabá. Un pouco despois deste evento natural chégase ao lugar da Vaxunga. Este punto acadarémolo seguindo a pé o curso do río a favor da corrente. Pero seguindo a rota comarcal, despois de Castro Ribeiras do Lea, a natureza vólvenos sorprender con outros dos sete humidais da Terra Chá: a lagoa de Caque que, agochada entre vexetación arbórea, se pode visitar a pé ou en bicicleta, dirixíndose cara a un sendeiro que sae da marxe dereita da estrada. Cun pouco de sentido perceptivo poderase deleitar con todo un documental sobre a vida lacustre dende o observatorio preparado para eso Por outra parte, na parroquia de Quintela están co proxecto dunha casa de turismo rural sobre a estructura dun muiño que está en un dos mais atraentes lugares do rio Miño o seu paso polo concello. Desde esta casa, tamén nun feromoso paseo ó marxen do rio, e posible chegar á ponte de Oroxe, onde merece a pena pararse para observar o manso correr da auga e o mítico paraxe que o absorbe. en este mismo tramo tamén está un dos cruceiros mais renocidos do concello, na parroquia de Santa Locaia e adicado a Xoán de cora, un ilustre de término municipal. Desde Quintela, collendo a carretera local que se vai camiño da parroquia de Bazar, podese observar o trafego dun muiñeiro a man dereita. O lugar Chámase Veiga de Acea, e o muiño funciona da misma forma dende fai mais dun século. O seu dono, ademais de coidalo con moita atención, gustalle dar unha boa acollida e conversación ós visitantes. |
|
|
||||||||