| |
|
|
|
|||||||
|
O Concello de Castro de Rei, está situado o leste de Galicia e no centro da provincia de Lugo, a que administrativamente lle corresponde. Limita polo norte, cos axuntamentos da Pastoriza e de Cospeito; polo leste, cos da Pastoriza, e Pol; polo sur, cos de Castroverde e Lugo, e polo oeste, cos de Outeiro e Cospeito. A sua situación xeográfica é: latitude, 43º 12'2 Norte; e a lonxitude de 7º 23'5, Oeste, sendo a sua altitude de 439 metros sobre o nivel do mar. E bó ter presente a efectos de localización nos mapas e identificación que o código xeográfico e o 27100; o do INE, O 27011; e cas follas do mapa a escala 1/50000, nas que aparece debuxada, son as números: 73 e 98. Conta con ríos importantes como son o Miño, Azumara, Torneiros de Vila, Lea,e,Guimarás, sendo as elevacións mais destacadas a de Pedras Albas, 616 metros, Os Arroxos, 493; Aboiti, 478;o Condado, 457; e Aguceira, 449. En comunicacións ten a carreteira N-640, de Lugo a Ribadeo, e varias locais: Castro de Rei A Loentia; Vegadeo a Pontevedra; e Xustás a Oroxe.
A capital municipal do Concello de Castro de Rei, e a vila de Castro de Rei, que dista da capital de Galicia, Santiago, 136 Kms. e da capital da sua provincia de Lugo, 29,2Kms. e da cabeceira do seu partido xudicial que e Lugo, a mesma distancia de 29,2 Kms. Dentro do término municipal de Castro de Rei, as entidades de pobación mais alonxadas da capital municipal, son a aldea de Gulpilleiras, a 17,3 Kms. seguida polas de Casasnovas, aldea a 17,1 Kms. Bagoi, aldea 17,-Kms. e, Lantalla, aldea a 16,9 Kms. todas elas da parroquia de Dumpin, que resulta tamén a mais alonxada en conxunto da capital municipal. |
|
||||||||