castelan galego

Casa do Concello
Casa Concello 982314034
   

A casa consistorial de Castro de Rei, é un edificio de estilo tradicional de recente construcción, de duas plantas, cuberta inclinada, e o seu acceso realizase mediante unha escalinata que salva a diferencia de nivel entre a porta de entrada e a rasante da rua.

A fachada principal ordéase en torno o gran balcón central con barrotes de ferro, o que se accede a través dunha porta de grandes proporcións. A ambólos lados sendas ventás recercadas, antepeito saínte, e formando figuras de rectángulo a altura do forxado. Na planta baixa encontrase a porta de acceso, e, ambolos lados, outras duas ventás que se corresponden cas superiores.

Unha forte cornisa que recolle o voado, cortase na parte central, para lle dar paso o escudo inserto nunha espadaña de arco de medio punto. As esquinas encontranse realizadas con pedra almohadillada, o mesmo que as liñas verticais que rodean os blacóns, e as que descenden sobre o dintel da porta de acceso o balcón. O edificio está enfoscado e pintado.